20/01/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Little Wars
Maroun Baghdadi, 1982
De xasmín e cascallos: cinema desde o Líbano
Little Wars narra as pequenas historias de tres personaxes en vésperas da guerra civil do Líbano en 1975. A pesar seu, Talal, fillo dun señor feudal, debe asumir o seu papel de xefe de clan tras a morte do seu pai. A muller que o ama, Souraya, tenta axudalo secuestrando a un home de negocios. Por último, Nabil é un fotoperiodista que finxe ser un heroe, cando en realidade só aproveita a situación para vender drogas.
Pequenas historias que teñen lugar durante pequenas guerras.