Share
02/12/2022 - 21:30h | Teatro Rosalía de Castro | A Coruña

A Lingua das Bolboretas

  • Espectáculo a cargo de Sarabela Teatro

A Lingua das Bolboretas
Rede galega de teatros e auditorios

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Elenco: Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Callelja, Sabela Gago, Josito Porto e Elena Seijo