Share
25/08/2026 - 11:00h | Praza da Constitución | San Cibrao das Viñas

A libraría máxica

  • Un espectáculo de Inventi Teatro

A libraría máxica
Cultura no Camiño

Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso, ofreceranlle o libro perfecto, xa que teñen a capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia. Unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. 

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección: Bea Campos

Escenografía: J.M. Sagüillo

Deseño son: Marcos Alonso Costas

Vestiario: Ali Otero

Elenco artístico: Bea Campos e Marcos Alonso