Share
17/11/2024 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

A libraría máxica

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Inventi Teatro

A libraría máxica
Rede galega de teatros e auditorios

Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso, ofreceranlle o libro perfecto, xa que teñen a capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia. Unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. O espectáculo pode programarse tanto en rúa como en sala.