Share
20/09/2026 - 19:00h | Teatro Rosalía de Castro | A Coruña

Less Dragqueens and more Chunorris!

  • Unha coprodución de Aló Producións co Centro Dramático Galego

Less Dragqueens and more Chunorris!
Rede galega de teatros e auditorios

Esta é unha comedia que ispe o home. Pero que ninguén bote as mans á cabeza! Ou si, á cabeza, porque o espido vai dar para rir, pero sobre todo para pensar.

Dani Blanco e Alberte Bello, creadores con moita rúa e pouco “macherío”, vístense e íspense coas galas das masculinidades varias, de varietés. Entre o circo e a comedia, este show é un axuste de contas á “machosfera” desde a retranca. 

Unha revolución para examinar as masculinidades tóxicas e o sufrimento que causan. Humor e amor son os dous actores principais e queren contar contigo.

Dirixido por Afonso Becerra de Becerreá e con Alberte Bello e Dani Blanco en escena.

 

Ficha artística

Autoría: Afonso Becerra de Becerreá e Alberte Bello

En escena: Alberte Bello e Dani Blanco

Dirección e dramaturxia: Afonso Becerra de Becerreá

Dirección de movemento: Estefanía Gómez

Espazo escénico: Alberte Bello

Asistente de espazo escénico: Noa Iriarte

Asistente de produción: Ana G. Fernández 

Espazo sonoro: ALÓproducións