12/09/2024 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Leo
drama, presentación libro, cine español, borau
Fóra de serie
Leo é unha muller que vive de recoller cartóns nun polígono industrial nos arrabaldes de Madrid. Unha noite coñece a Salva, vixiante, nun bar. Este intenta conseguirlle un novo traballo e axiña se interesa por un pasado que intúe revirado. Obsesiónase con Leo, quen lle realiza unha inusual petición: debe matar a Gabo, un profesor de artes marciais co que tanto Leo como a nai dela mantiveron unha relación anos atrás.
Última longametraxe na carreira de José Luis Borau, que obtivo o Goya ao mellor director.
A sesión do programa de setembro de 2024 acompáñase da presentación do libro Iceberg Borau, de Carlos F. Heredero.