Share
15/10/2026 - 20:15h | Edificio Multiusos | Monforte de Lemos

Lavandeiras

  • Espectáculo de narración oral e música a cargo de Vero Rilo e Santi Cribeiro

Lavandeiras
Rede galega de teatros e auditorios

As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia.

Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria.

Recollemos parte dese patrimonio oral, dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue até o traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra.

Tamén contamos de Manuela Lores, e cantamos as fontes e os ríos. Poñemos os pés a remollo cada día...