20/03/2026 - 21:00h
| Centro Social de Abanqueiro
| Boiro
Lavandeiras
Espectáculo de narración oral e música a cargo de Vero Rilo e Santi Cribeiro
Rede galega de teatros e auditorios
As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia.
Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria.
Recollemos parte dese patrimonio oral, dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue até o traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra.
Tamén contamos de Manuela Lores, e cantamos as fontes e os ríos. Poñemos os pés a remollo cada día...