28/01/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
The Last Man
Ghassan Salhab, 2006
De xasmín e cascallos: cinema desde o Líbano
Cada mañá, Beirut amence cunha nova vítima do que parece ser un asasino en serie. As vítimas son atopadas desangradas. En Beirut, Khalil, un médico de corenta anos, comeza a experimentar estraños síntomas que o desestabilizarán e transformarán a súa vida. Unha conexión imperceptible vincula a Khalil con estas vítimas e, máis precisamente, co seu sempre fuxidío asasino... (Ghassan Salhab)