Share
14/01/2025 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Las novias del sur

  • documental, encontro, xénero

Las novias del sur
Close-up: Cine e perspectiva de xénero

Proxección do filme Las novias del sur:

Mulleres maduras falan do seu matrimonio, da súa primeira vez, da súa relación íntima coa sexualidade. Na repetición destes ritos ancestrais, a directora cuestiona a súa propia ausencia de matrimonio, de fillos, e con iso, unha cadea de relacións nai-filla que se extingue.

 

Encontro con Elena López Riera

Conversamos con Elena López Riera, cineasta, mais tamén programadora e docente, autora dunha coherente traxectoria que aparece atravesada por asuntos como a herdanza ou o mito, a sexualidade e o corpo. Da curta á longa, pasando pola mediometraxe, e xogando sempre na fronteira entre a ficción e o real, a obra de Riera pasou ademais por festivais como Cannes, Toronto, Locarno, San Sebastián, Cinéma du réel ou Vila do Conde.