08/03/2024 - 20:30h
| Auditorio do Centro Cívico Cultural
| Arteixo
Las Cotton
Espectáculo teatral infantil a cargo da compañía Anita Maravillas & Portal 71

Rede galega de teatros e auditorios
Deixando atrás os perigos do seu pobo natal a familia Cotton diríxese á cidade en busca de novas vidas e oportunidades. Entre os tellados e as luces da cidade, entre as teas, os fíos e as máquinas das fábricas, a nai e as súas dúas fillas vivirán novas aventuras e perigos descoñecidos. Pero esta vez non están soas e lanzaranse con forza ao desexo de ser felices.