13/03/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Las chicas están bien
Itsaso Arana, 2023

Close-up: Cine e perspectiva de xénero
Un grupo de mozas xúntase nunha casa de campo durante unha semana de verán para ensaiar unha obra de teatro. Durante a convivencia, intercambian os seus saberes sobre a amizade, a actuación, o amor, a orfandade e a morte; coa secreta esperanza de que compartir as fará mellores. Las chicas están bien é un conto de verán con princesas, cabalos, sapos, un lume, unha festa, un río, moitas cartas e ata un príncipe pampán.