Share
21/07/2026 - 20:30h | O Cantón da Leña | A Pobra do Caramiñal

A Landra Viaxeira e o amigo Lambón

  • Un espectáculo musical para público familiar a cargo de os jalochos

A Landra Viaxeira e o amigo Lambón
Cultura no Camiño

Os Jalochos cantan, bailan e contan a historia de Landra e a súa viaxe por Galicia, acompañada do seu amigo Lambón.

Cunha folla de carballo que se transforma en camión, nun barquiño, nun paraguas, se precisan dun avión, Landra e Lambón coñecerán a Picapeixe e Picapaus, o punki Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot que é unha tarteira vella e Lara, a píllara espacial. Respectar a natureza, viaxar por vilas e cidades, xogar co ritmo da música, aprender lingua de signos e cantar e bailar sen acougo, son parte das propostas que pon en valor este concerto para o divertimento das crianzas!