Share
22/06/2023 - 21:00h | Exterior da Piscina Municipal | Oroso

La vida misma

  • Espectáculo de maxia a cargo de Lorena

Cultura no Camiño
Cultura no Camiño

O espectáculo transcorre sobre as diferentes etapas da vida e todo o que nela ocorre, coas súas cousas positivas e as súas cousas negativas, desde a infancia ata a vellez. Pero máis aló do entretemento, gustaríame lograr que o espectador poida levar algo diferente. Creo firmemente que o poder chegar a tocar as emocións é máis difícil, pero tamén cala máis profundo. Ao final, como dicía Abraham Lincoln, o que importa non son os anos de vida, senón a vida dos anos, e na Vida Mesma o que máis importa é que goces do espectáculo, teñas a idade que teñas.