Share
30/11/2024 - 20:30h | Auditorio Municipal | O Grove

La Toffana

  • Espectáculo de Flexión Producciones, coproducido polo Centro Dramático Galego

La Toffana
Rede Galega de Teatros e Auditorios

La Toffana é unha montaxe teatral inspirada na historia real de Giulia Toffana, que viviu a mediados do século XVII.
Alcumada “a envelenadora de maridos”, decidiu axudar a outras mulleres con “matrimonios difíciles” a conseguir a súa liberdade: enviuvar. Creou un veleno indetectable: a Aqua Toffana, cuxos beneficios se difundiron rapidamente entre as mulleres.

Giulia formou a súa filla como a súa axudante e creou unha rede de distribución de mulleres que as levou ata a alta sociedade romana. Mantiveron o segredo durante anos ata que as delataron. Nai e filla foron xulgas pola Inquisición en 1659 e acusadas da morte de máis de 600 homes.

Montaxe gañadora de cinco Premios Azahar: Mellor Espectáculo, Dirección, Actriz, Iluminación e Vestiario.