Share
11/02/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

La condena

  • Béla Tarr, 1988

La condena
Béla Tarr / László Krasznahorkai

Karrer vive nunha comunidade mineira. Todas as súas tardes rematan no bar Titanik, cuxo dono lle ofrece ser parte dunha operación de contrabando. Karrer pásalle o traballo ao marido da cantante do bar, coa que mantén un romance. Unha historia de amor e traizón onde os espazos, os animais e o clima adquiren tanta importancia como os protagonistas. Unha das películas favoritas de Susan Sontag, próxima no seu tratamento a Antonioni ou Tarkovski.