Share
18/10/2026 - 18:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

La balada del norte

  • Función no programa de Camiño Escena Norte

La balada del norte

A compañía asturiana Saltantes Teatro chega a Santiago de Compostela co espectáculo La balada del norte no marco de Camiño Escena Norte, proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa.

La balada del norte recrea con man firme unha época turbulenta de gran desigualdade, coa xestación da Revolución Asturiana de 1934 como pano de fondo. Tristán Valdivia, xornalista sen xornal, editor sen éxito e amante desencantado, abandona a capital en 1933 para regresar ao norte. Alí, o seu pai, o marqués de Montecorvo, agárdao. Da escuridade dos vales mineiros asturianos emerxen personaxes luminosos e, baixo o ruxido atronador das minas de carbón, escóitase o susurro dunha canción antiga. Os tempos vellos e novos chocan brutalmente, poñendo a proba ao protagonista e a toda a humanidade. Este é o son de La balada del norte.

Ficha artística

Autoría: Alfonso Zapico

Dirección: Luis Alija

Intérpretes: Carlos Dávila, Enrique Dueñas, Carmen Gloria García, Ernesto González, Carla Loga, Alberto Rodríguez, David Varela e Nerea Vázquez