Share
20/05/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Kontinental ’25

  • Radu Jude, 2025

Kontinental ’25
Fóra de serie

Orsolya é alguacila na cidade de Cluj, en Transilvania. Fiel ao seu cargo, debe executar o desafiuzamento dun home sen teito que vive no soto dun edificio do centro destinado a converterse nun hotel de luxo. Pero un suceso inesperado confróntaa de súpeto coas súas propias contradicións, desencadeando nela unha profunda crise moral.