03/08/2025 - 12:00h
| Praza de Forcarei
| O Pino
Kinetiko
Trécola Producións

Cultura no Camiño
O público achégase ao mundo dos automatismos a través de visitas guiadas teatralizadas de nove pezas artesás, gozando da escena e a historia que os seus creadores narran a carón de cada elemento da serie que conforma Kinetiko.
Unha combinación de xogo, arte e técnica.
Personaxes musicais que, a partires de mecanismos, crean sons e ritmos. Historias e contos que nacen do movemento dunha manivela. Efectos especiais utilizados tradicionalmente na escena teatral ou no cine. Un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra.