Kepa Junquera Berpiztu (Renacer)
Documental dirixido por Fermín Aio

O Festival Maré ofrece este documental de Fermín Aio sobre como a vida do músico e compositor vasco Kepa Junkera, o mestre da trikitixa que estendeu a música folk vasca por todo o mundo, deu un xiro de 180º tras o ictus que sofreu durante unha das súas actuacións.
Sinopse: Kepa Junkera saíu de escena o 6 de diciembre de 2018 en Gante, Bélxica. Desapareceu, o seu acordeón deixou de soar. As noticias falaban dun ictus, un ingreso hospitalario de urxencias, proceso de recuperación e despois nada. O artista que elevou a música popular vasca ao máximo nivel, publicando máis de 30 discos e realizando máis de 100 colaboracións en 40 anos de carreira, o autor autodidacta que se converteu no músico vasco máis internacional desapareceu sen deixar rastro.
Despois chegaron dous anos de sesións de rehabilitación para recuperar a mobilidade do seu corpo, para aprender a falar. mover as mans, comer, seguir vivindo... Porque Kepa sigue vivindo, creando, emocionándose coa arte, coa música, coa poesía, coa pintura, coa fotografía. Este documental é o relato desa emoción.