27/09/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Juan, como si nada hubiera sucedido
Carlos Echeverría, 1986

Fulgores e fracturas do cinema moderno arxentino
O estudante Juan Herman é o único desaparecido político da cidade de San Carlos de Bariloche durante a ditadura arxentina de 1976. O filme, realizado en branco e negro, mostra o xornalista barilochense Esteban Buch entrevistando as persoas testemuñas da súa desaparición e detención, así como as persoas que deberon estar involucradas no delito, entre elas os militares e funcionarios que tiñan o poder en Bariloche nese momento.