Share
27/09/2024 - 20:00h | Casa da Cultura " Ramón Martinez López" | Boiro

Isolada

  • Espectáculo a cargo de Natalia Outeiro "Pajarito" distribuída por Pistacatro

Isolada
Cultura no Camiño

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. PAJARITO é a número un, e a número dous tamén... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!

Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos en aproximadamente 45 min o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena "pajarito" remata libre coma o vento e con moitas ganas de..."coñecer mundo". Final con lúa de mel, Felipe "eres tú mi príncipe azul que yo soñé...", con acrobacias, voda e moita máis diversión.

A frescura desta pallasa fai que cada función, cada praza, cada príncipe sexa irrepetible.