Share
19/04/2026 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Isaura e Tristán. Contahistorias

  • Un espectáculo de teatro de monicreques a cargo de Fantoches Baj

Isaura e Tristán. Contahistorias
Rede galega de teatros e auditorios

Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.

Baixo a máscara dunha compañía italiana de contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merliño arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, uns monicreques, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merliño, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.