Share
27/06/2026 - 19:00h | Pista Polideportiva de San Xiao | Narón

Irmaus da Raia Seca

  • Un concerto a cargo de Irmaus da Raia Seca

Irmaus da Raia Seca
Cultura no Camiño

A Raia Seca é o territorio que se extende aos dous lados da liña que separa Galiza e Portugal, xa lonxe do Miño. Quilómetros de fronteira que se estende no espazo e no tempo, e na que se desfiguran os límites da realidade até case o distópico: Vías clandestinas de contrabando e extraperlo. Salvo-conduto para guerrilleiros e escapados. Estados sen lei e camiños co privilexio de facer invisibeis a quenes os transitan. Pobos promiscuos nos que todo cambia segundo por que porta se entre ou se saia. Aldeas xemelgas de idéntico nome que se espreitan dende candanseu lado como en realidades paralelas.

Música Trans ou Transcultural [dun lado ao outro]: A que forma parte do inmaterial que nace nos microcosmos 'raianos', 'transfronteirizos. Que tamén se rexe por leis e nociós distintas das que operan máis alá do seu territorio. O seu poder aquí e agora, radica en facer reflexionar sobre as liñas divisorias nas músicas. Levamos a nosa acción cara eses pequenos universos 'atípicos' que foron forxados secularmente polo aillamento cultural. E hoxe isto pode ter un sentido universal -tamén paradóxico- pensando noutras novas formas de aillamento.

Nós os catro -dous e dous-, obtemos das nosas raíces e diásporas un sentimento compartido: “O que a muitxs lles parece lonxe e distante, para nós nunca deixou de estar cerca”. Únenos un forte magnetismo con esas identidades culturais e reivindicámolas musicalmente como parte do noso maxín. A Raia Seca son músicas que nacen do chan cando este resoa co beilar. Son melodías vivas que seguen a ter instinto propio. Son ritmos xa feitos ritual, telúricos, avocados ao trance. 

A Raia Seca soa ao… “Que non é nin d´eiquí, nin d´alí”

Gutier Alvarez: violín, zanfona

Pedro Pascual: bouzouki

Javier Alvarez: acordeón diatónico

Pablo Pascual: clarinete baixo