08/05/2025 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Inland Empire
David Lynch, 2006

David Lynch
Segundo Lynch, “un misterio acerca dunha muller metida en grandes dificultades”. Realizada en formato dixital, protagonizada por unha actriz, Nikki (Laura Dern), funciona a modo de fascinante síntese das súas preocupacións formais e temáticas, dono dun universo ben particular que entrecruza presenzas sensoriais e magnetismo do subconsciente, tendencia á abstracción co perturbador influxo dos espazos e o uso non verbal da palabra, sentenciando de modo maxistral todo relato tradicional. Considerada por “Cahiers du cinéma España” a mellor película de 2006.