Share
08/10/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

An Injury to One

  • Travis Wilkerson, 2002

An Injury to One
Retrospectiva Travis Wilkerson

Montaxe multimedia con distintas fontes de arquivo e filmacións in situ sobre Butte, Montana, unha pequena cidade outrora próspera pola súa minería e hoxe abandonada como zona de desastre ambiental. Wilkerson remóntase especificamente ao conflito entre sindicatos e patróns durante a Primeira Guerra Mundial para analizar a brutalidade do capital con ferramentas dialécticas marxistas e lanzar unha emenda á totalidade dun sistema que considera brutal e deshumanizador. Polo seu excelso uso da montaxe e a voz en off, An Injury to One valeulle o recoñecemento mundial da crítica especializada.

Proxéctase xunto á curta National Archive.