#Influencers
NegroLópez

Sé testemuña do evento do ano, o Elo Mais Influencer Race Spain, un concurso no que diferentes creadores de contido competirán entre si para demostrar quen é o mellor! En que consistirán as probas? Quen decide os desafíos? A que público vai dirixido? Incógnitas que os nosos influencers deberán enfrontar se non queren arriscarse a perder un só like.
Espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas rrss, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea. Convidamos o público a cuestionar a súa relación co mundo dixital, tratando temas como o impacto deste na saúde mental, a identidade e a autenticidade, a manipulación, a cultura da cancelación e a aceptación social.