Share
15/03/2026 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Imposible!?

  • Un espectáculo de ilusión a cargo do Mago Rafa

Imposible!?
Rede galega de teatros e auditorios

Hai palabras que semellan ter só un significado… Pero a maxia encárgase de demostrar que non sempre é así.

A palabra Imposible pode soar a límite, a final do camiño.

Mais tamén pode ser o comezo de algo marabilloso.

En IMPOSIBLE!?, o Mago Rafa convida a toda a familia a descubrir que detrás de cada “non se pode” agóchase unha sorpresa, un sorriso e, ás veces, un milagre.

A través de efectos visuais, humor e moita participación, nenos e maiores vivirán unha experiencia máxica onde o imposible convértese en posible... e o posible, en pura ilusión.

Un espectáculo para crer, imaxinar e lembrar que a maxia non está só nas mans do mago, senón tamén nos ollos de quen se atreve a soñar.