Share
27/11/2022 - 21:30h | Auditorio Lois Tobío | Gondomar

Illas desertas

  • Espectáculo de teatro contemporáneo a cargo de ArtesaCía.

Illas desertas
Rede galega de teatros e auditorios

Elenco: Laura Villaverde e Roi Fernández

¿Cal foi a túa última experiencia inútil?

Illas desertas válese das experiencias e reflexións de dúas dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Os protagonistas desta historia convidan ó público a través dos seus móbiles para subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?). Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.