26/08/2025 - 20:00h
| Campo dos Subarreiros
| Neda
Ikigai
SU.MA
Cultura no Camiño
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.
Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e da destreza comunicativa das intérpretes co espectador.
Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e de como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir?, a erguerte cada dia como se fose novo? Que esperta o teu sorriso?
Cal é o teu Ikigai?