Share
10/03/2024 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Igualdade, onde estás?

  • Espectáculo de máxia a cargo de A Maga Fani

Igualdade, onde estás?
Rede galega de teatros e auditorios

A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza...“Esperanza Marzal”.

“Esperanza Marzal” traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres pregúntaselles polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos etc. Deste xeito e a pesar de todas as celebracións do “Día da Muller”, segue sen palpar a “Igualdade”, por iso irá na súa procura, utilizando a maxia e o humor.

Cumprirá a súa misión?,...atopará a igualdade?,...onde estás, igualdade?,...u-la igualdade?

Espectáculo cheo de ilusións con cordas, cartas, evasións,...moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando non ámbitos da educación e a cultura.