Share
15/06/2024 - 20:00h | Local Social Vilamartín Grande | Barreiros

Ida e Volta

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Cris de Caldas

Ida e Volta
Cultura no Camiño

Cris, galega e branca coma o leite, é narradora oral.

Amor, cubana e negra como o café, é música profesional e

escritora ocasional.

Cris conta contos, algúns deles escritos por Amor, quen

ademais acompaña á narración con notas musicais, unhas

brancas e outras negras.

Amor e Cris xúntase para parir o espectáculo de narración

oral e música en directo “Ida e volta”.

Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no

tempo a través de historias de migracións, sabedoras da

importancia de non perder a memoria e da riqueza da

diversidade cultural.

As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase

mellor o presente e respetarase o futuro porque hai

historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma

a vida mesma.