22/08/2025 - 18:00h
| Teleclub de Romai
| Portas
Hoxe Si!
Espectáculo de novo circo a cargo de Sempre Arriba

Cultura no Camiño
Hoxe é o día. Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR" Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.
Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a gozar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta Festa do Hoxe Si!