Share
02/08/2024 - 20:30h | Praza do Matadoiro | Allariz

Hoxe si!

  • Expectáculo de novo circo a cargo de Sempre arriba

Hoxe si!
Cultura no Camiño

Hoxe é o día.

Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR´´ Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.

Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de maneira directa co público, convidándolle a ser partícipe desta Festa do Hoxe Si!