10/07/2026 - 21:00h
| Praza do Parque
| Rodeiro
Historias dun mundo grande
Un espectáculo de teatro familiar a cargo de Bandullo Azul
Cultura no Camiño
En Historias dun mundo grande a cadeliña Becki, desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo, cóntanos historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo. Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas. E con ela cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade.