Share
20/06/2025 - 19:00h | Auditorio Constante Liste | Teo

As historias do avó Manuel

  • Migallas Teatro

Migallas Teatro
Cultura no Camiño

A partir do libro Un avó especial, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.org

Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.