Share
19/02/2026 - 20:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Historias del buen valle

  • José Luis Guerin, 2025

Historias del buen valle
Compartir o cinema. 20 anos de 'Cinema en curso'

Na paisaxe indefinida dun barrio periférico, entre o mundo rural e o urbano, coexisten as casas levantadas polos primeiros migrantes, que chegaron de toda España tras a posguerra…, e os novos bloques e vivendas da cidade dormitorio, onde se concentra a nova migración, convertendo este humilde recuncho nunha auténtica aldea global. Historias del buen valle é unha suma de imaxinarios, de conflitos sociais, xeracionais e identitarios, urbanísticos e ecolóxicos; pero é tamén unha mirada repousada e humanista sobre o mundo actual.

 

Presentación e coloquio: J. L. Guerin. Capacidade limitada.