14/03/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Historia dunha segadora
Katsuhiko Fukuda, 1985

Fóra de serie
Historia dunha segadora é un retrato de Katsu Someya, unha muller de 86 anos nacida en 1899 cuxa casa se atopa xunto á pista de aterraxe do aeroporto de Narita, nun terreo que foi confiscado e vendido para ampliar o aeroporto nunha segunda fase. Vive alí soa, afastada da familia por decisión propia, resistíndose a abandonar a súa terra; dedícase á agricultura, saca as malas herbas diariamente e traballa nunha fábrica de conservas en vinagre. Os relatos da súa vida, contados e repetidos, trazan décadas da experiencia persoal de resistencia desta muller. A súa historia entrelázase coas loitas pola terra e os dereitos dos campesiños de Sanrizuka ante a construción do aeroporto.