12/07/2025 - 21:00h
| Xardíns do Toural
| Vilar de Barrio
A historia de Brancaflor
Espectáculo de teatro a cargo de Fran Rei

Cultura no Camiño
Con Fran Rei, como protagonista, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte dos contacontos. Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos Marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza. A narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.