Share
31/01/2025 - 20:00h | Rúa do Príncipe | Vigo

Hexagonum

  • Espectáculo de rúa de Troula Animación

Hexagonum
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Hexagonum. A cuadratura do círculo é un espectáculo escénico de rúa de gran formato no que Troula Animación mestura o emprego da tecnoloxía, música e vídeo en directo, animación e danza. De carácter itinerante, recolle o universo simbólico e imaxinario do mundo das abellas para concienciar o público dos problemas causados pola posible desaparición destes animais, que implicaría a destrución do noso planeta tal e como o coñecemos. É, polo tanto, un espectáculo que pon o foco na  falta de conciencia ecolóxica que vivimos hoxe en día.