Share
20/11/2025 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Heroes en decembro

  • Coprodución de Ancoraxe, Vórtice Escénico e Centro Dramático Galego

Heroes en decembro
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Heroes en decembro é unha conversa incómoda que é necesario ter. É unha batalla campal contra nós mesmas na que pretendemos poñer o foco nun dos grandes tabús da cotidianeidade. O programa terapéutico no que se enmarca o devir dos protagonistas cuestionará que sobrevivir non sempre devolve as ganas de vivir. Son necesarias a sorte, as ganas e un motivo ao que aferrarse. 

Berta, escritora frustrada, atravésase o ventre cun coitelo de cerámica, porque son os que mellor cortan.

Agnes, sobrevivinte dos atentados do 11M precipita a súa cadeira de rodas escaleiras abaixo xusto despois de que a vexan masturbarse.

Xián, a pesar de estar a piques de saltar dunha altura de 50 metros, acovárdase cando ve que a ninguén lle importa.

Mar, traballadora social porque así o dí o seu título da carreira, traballa con suicidas para que a súa vida non pareza unha merda.
Esto é un convite a fedellar nunha ferida aberta. E un intento de suturala.