Share
21/02/2024 - 18:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Helen Keller, a muller marabilla?

  • Espectáculo teatral a cargo da compañía Chévere

Helen Keller

A peza penetra na personalidade da activista norteamerica Helen Keller, quen chegou a se converter na primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard e nunha pioneira na loita pola igualdade e a xustiza social. En escena estarán Patricia de Lorenzo, Ángela Ibáñez e Chusa Pérez, baixo a dirección de XRON.

O espectáculo, creado en coprodución co Centro Dramático Nacional e Teatre Lliure e co apoio da Xunta de Galicia a través da liña de subvencións á creación escénica, cuestiona a incomunicación entre persoas oíntes e non oíntes e reivindica a importancia das linguas minorizadas. As funcións integran a lingua de signos e a lingua falada en galego e contan tamén con audiodescrición.