Habelas Hainas en concerto
Concerto de música de Habelas Hainas

É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crearen o proxecto: Habelas Hainas.
Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde os catro elementos se xuntan e complementan de xeito persoal.
A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo
algo diferente e senlleiro. Compostela é o decorado onde se dá a luz o proxecto que, dunha forma directa, conecta coa xente de a pé en rúas, calexas, prazas, locais e escenarios.
O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición.
Esta permanente inquedanza reflítese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco e orixinal