Share
19/03/2026 - 18:30h | Centro Cultural Avenida | A Rúa

Habana Café Son

  • Un espectáculo musical de ritmos latinos

Habana Café Son
Rede galega de teatros e auditorios

A agrupación Habana Café Son naceu co obxectivo de render homenaxe á rica herdanza da música tradicional e popular cubana.

Cunha formación que inclúe voces, guitarra, baixo e percusión, estes músicos reviven o sabor e a autenticidade destes e outros xéneros caribeños, incluíndo tamén temas do panorama musical actual, brindando ao público unha experiencia única e envolvente.

Habana Café Son destaca polo seu compromiso coa calidade musical e polo seu desexo de compartir a esencia da música en rigoroso directo.