Share
09/10/2025 - 20:15h | Edificio Multiusos | Monforte de Lemos

Guerra

  • Teatro do Noroeste

Guerra
Rede Galega de Teatros e Auditorios

A GUERRA É A EXPRESIÓN CRUEL DO FRACASO TOTAL, POR ISO NUNCA É UNHA SOLUCIÓN, SENÓN O MÁIS GRANDE DOS ERROS.

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeu, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.