Share
17/01/2025 - 20:30h ~ 18/01/2025 - 20:30h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

Guerra

  • Teatro do Noroeste. Estrea

Guerra
Rede Galega de Teatros e Auditorios

A GUERRA É A EXPRESIÓN CRUEL DO FRACASO TOTAL, POR ISO NUNCA É UNHA SOLUCIÓN, SENÓN O MÁIS GRANDE DOS ERROS.

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada non mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do teatro universal que nel foran representados ao longo do tempo, encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare ata Lorca, enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.