Share
10/08/2023 - 21:00h | Campo da festa de Bugallido | Ames

A gran viaxe

  • Espectáculo teatral a cargo de Inventi Teatro

A gran viaxe
Cultura no Camiño

A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesareo para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar ao seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.  A gran viaxe é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.