Share
29/07/2023 - 00:00h | Praia Fluvial | Vilariño de Conso

Gozar, sentir, bailar

  • Espectáculo de música a cargo de La Quinkillada

Gozar, sentir, bailar
Cultura no Camiño

La Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova. A mestura de ritmos latinos coa rumba máis quinki fará que baile todo aquel que se deixe levar polos temas do seu primeiro disco: "Gozar, Sentir, Bailar". Únete e sé un Quinki máis, pídecho o corpo!

Rodri Martínez, Yago Oliveira, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña, Valverde e Rocío forman esta banda que naceu como resposta artística ao encerro en pandemia que nos privou dos directos.

No 2021 La Quinkillada comeza un intenso traballo de composición de temas propios con estilos dende a Rumba á Cumbia pasando por sons modernos. Gran a gran construíuse o primeiro traballo Gozar, Sentir, Bailar, dez cortes maioritariamente en galego con gran diversidade nas letras, dende a básica desconexión de festa a poñerse serios falando dos golpes desta vida. Longa vida á verbena quinki!!