Share
26/11/2022 - 21:00h | Auditorio Municipal de Vigo | Vigo

Golfa

  • Comedia transmedia sobre a sexualidade de Crémilo Proxectos Culturais

Golfa
Rede galega de teatros e auditorios

Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tivese relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases.

Ante uns feitos cada vez máis abigarrados, a xuíza encargada do caso propón unha opción co ánimo de que a escalada de sucesos non vaia a máis: un acordo cordiale consistente nun encontro online co sexólogo Jordán Gómez, unha sesión de sexología á que han de asistir Fran, Amanda e a nai de Fran coa particularidade de que estes encontros serán de libre acceso online pedindo lista e identificándose. Todos seremos testemuñas desta sesión de sexología.

Unha palabra pode cambiar o curso dunha historia, ou como nos relacionamos coa nosa contorna e ésteconnosco. Detrás dun insulto poden esconderse algúns dos males que nos arrasan como sociedade, uns males que quizá poidan ter solución na educación sexual que recibimos.