Share
11/04/2026 - 20:00h | Auditorio Reveriano Soutullo | Ponteareas

Go Home

  • Un espectáculo de Etiqueta Negra Producións

Go Home
Rede galega de teatros e auditorios

Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa experimentou todo tipo de aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levarao a facer noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

Go Home é un espectáculo dirixido por Tito Asorey e está protagonizado por David Amor e Josito Porto na compaña de figuras ben coñecidas da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xentrificación. Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.

 

Dramaturxia: José Prieto

Dirección: Tito Asorey

Elenco: David Amor e Josito Porto

Escenografía: José Faro

Iluminación: Laura Iturralde

Vestiario: Patricia Ferreira

Música: Xavier Bértolo

[Imaxes: Leo López]